Spotify comprométese a tratar a todo o mundo, incluídas as persoas con discapacidade, dun xeito que respecte a súa dignidade e independencia. Cremos na integración e na igualdade de oportunidades. Comprometémonos a atender as necesidades das persoas con discapacidade de maneira oportuna e traballaremos para identificar e eliminar as barreiras de accesibilidade sempre que sexa posible. Este Plan de accesibilidade (ou o Plan) describe os pasos que estamos a seguir para cumprir estes obxectivos e crear máis oportunidades para as persoas con discapacidade.
Non dubides en enviarnos os teus comentarios sobre este Plan de accesibilidade ou sobre a accesibilidade en Spotify en xeral. Para iso, enche o formulario no noso Centro de accesibilidade, que permite enviar comentarios de forma anónima.
Atoparás este Plan e unha descrición do noso proceso de comentarios no Centro de accesibilidade. Tanto o Plan como a descrición do proceso de comentarios están dispoñibles en formato impreso, en letra grande, en braille e en audio. Responderemos ás solicitudes nun prazo de 15 días.
O Plan de accesibilidade de Spotify é un compromiso de 3 anos de seguir a nos esforzar para eliminarmos as barreiras que afectan ás persoas con discapacidade. Abordaremos este problema mediante accións, como participar no índice de igualdade para persoas con discapacidade da Asociación Americana de Persoas con Discapacidade (AAPD), actualizar os procesos de contratación e as normas de accesibilidade das oficinas, mellorar a formación en accesibilidade, avanzar na accesibilidade do servizo ao cliente e consolidar as prácticas recomendadas de comunicación, entre moitas outras accións que se describen a continuación. Este Plan elaborouse consultando persoas con discapacidade para garantir que reflicta as súas necesidades.
Estes son algúns dos termos que verás repetidamente ao longo do Plan. Se un termo non está definido aquí, definirémolo a primeira vez que o mencionemos.
Formatos accesibles: refírese aos formatos impresos, en letra grande, en braille, de audio ou electrónicos compatibles coa tecnoloxía adaptativa destinados a axudar ás persoas con discapacidade.
Barreira: é todo aquilo que impide a participación plena e en igualdade de condicións na sociedade das persoas con discapacidade, incluídas aquelas con deficiencias físicas, mentais, intelectuais, cognitivas, de aprendizaxe, de comunicación ou sensoriais ou cunha limitación funcional. Inclúese o seguinte:
Discapacidade: por discapacidade enténdese calquera deficiencia, xa sexa física, mental, intelectual, cognitiva, de aprendizaxe, de comunicación ou sensorial, ou unha limitación funcional, de natureza permanente, temporal ou episódica, evidente ou non, que, ao atoparse cunha barreira, impide a participación plena e en igualdade de condicións dunha persoa na sociedade.
WCAG: "WCAG" refírese á versión máis recente das Pautas de accesibilidade para o contido web publicadas polo World Wide Web Consortium.