Centro de accesibilidade

Conectamos a creatividade, a accesibilidade e a inspiración para todos.

Declaración de compromiso

En Spotify gabamos a creatividade humana e esforzámonos por ofrecer unha plataforma accesible para todas as persoas. Aprendemos de especialistas e empregamos persoas con ampla experiencia na accesibilidade para que os nosos produtos sexan accesibles. Xuntos, queremos dotar a todo o mundo das ferramentas necesarias para crear, descubrir e inspirarse.

A nosa plataforma é para todos, e o noso lugar de traballo tamén. Dámosche a benvida sexas como sexas, veñas de onde veñas, sen importar o teu aspecto ou a música que escoites.

Así é como nos comprometemos cos obxectivos de accesibilidade para o noso lugar de traballo, a nosa plataforma e os nosos usuarios:

Os nosos empregados: cantos máis puntos de vista representemos e amplifiquemos en Spotify, máis contribuiremos, prosperaremos e destacaremos. Comprometémonos a integrar a accesibilidade en todo o que facemos pola nosa xente en todo o mundo. Seguiremos a desenvolver a nosa iniciativa global de saúde mental, Heart & Soul, e comprometémonos a facer que as nosas oficinas de todo o mundo sexan totalmente accesibles.

Oíntes: Spotify forma parte da vida de millóns de persoas en todo o mundo e temos como prioridade garantirmos que a nosa plataforma sexa accesible para todas elas.

Artistas e creadores: a nosa plataforma é moi potente e usámola para amplificar as voces, as historias e a cultura de comunidades de todo o mundo. Seguiremos dando apoio a artistas e creadores con discapacidade e usaremos a nosa plataforma para compartir o seu talento.

Non hai mellor xeito de dar vida a estas ideas que ofrecendo un plan específico e medible que poidamos seguir e do que sexamos responsables.